Que é o FEMPA

O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) é un dos fondos europeos para o período 2021-2027 e vai dirixido a apoiar a política pesqueira común (PPC) da UE, así como a súa política marítima e a súa axenda para a gobernanza internacional dos océanos.

29 de Setembro de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este luns un encontro de traballo coa alcaldesa de Cervo, Dolores García, para afondar en novas vías de colaboración que revertan no impulso da actividade marítimo-pesqueira da localidade mariñá.

Axudas

13
Out
ORDE do 22 de setembro de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras e, non competitiva, ás persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira desde a embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de autorización da Confraría de Pescadores de Pontedeume (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B)
07
Out
ORDE do 30 de setembro de 2025 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), convocadas pola Orde do 12 de decembro de 2024 (código de procedemento PE201B)

De interese

Logo cofinanciado