Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Poden existir problemas para percibir algúns elementos do sitio afectando aos requisitos 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións, 9.1.4.3 Contraste (mínimo) e 9.1.4.11 Contraste non textual de UNE-EN 301549:2022.
    • Pódense experimentar problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio afectando aos requisitos 9.2.1.1 Teclado, 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto) e 9.2.4.6 Encabezados e etiquetas de UNE-EN 301549:2022.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 10/05/2023.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 10/05/2023.

Observacións e datos de contacto

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

Tamén pode presentar:

  • unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
  • ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 10/05/2023.

Ligazóns relacionadas

Logo cofinanciado