Que é o FEMPA

O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) é un dos fondos europeos para o período 2021-2027 e vai dirixido a apoiar a política pesqueira común (PPC) da UE, así como a súa política marítima e a súa axenda para a gobernanza internacional dos océanos.

27 de Setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participará o martes en Bruxelas no Consello de Agricultura e Pesca (Agrifish), integrada na delegación española e en representación das comunidades autónomas con competencias pesqueiras

Axudas

28
Set
ORDE do 15 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sostibles (código de procedemento PE209R)
22
Set
ORDE do 14 de setembro de 2026 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2025 (código de procedemento PE201B)

De interese

Logo cofinanciado