Alfonso Villares ofrece todo o respaldo da Xunta ao sector do marisqueo e insta aos profesionais do Grove a enriquecer coas súas propostas o Plan de acción

03 de Febreiro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou esta mañá acompañado polo presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, José Manuel Rosas, aos responsables e aos profesionais do marisqueo da confraría do Grove

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou esta mañá acompañado polo presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, José Manuel Rosas, aos responsables e aos profesionais do marisqueo da confraría do Grove, dentro da rolda de contactos para explicar as axudas extraordinarias e inmediatas negociadas cos seus representantes e as liñas xerais do plan de acción que mobilizará en total 123 millóns de euros en favor desta actividade durante este ano e o próximo. Mentres, segue sen saberse nada sobre a petición de zona catastrófica para as rías afectadas pola mortaldade do marisco polas choivas torrenciais do outono de 2023 que se elevou ao Estado en decembro.  
 

Alfonso Villares comprometeu todo o apoio da Xunta e instou aos profesionais do Grove a enriquecer o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia 2024-2025 coas súas propostas e experiencia. Esta estratexia recolle os 4 millóns de euros en axudas directas que se pagarán a 7.000 mariscadoras e mariscadores, tanto a pé como a frote, este mes de febrero, así como 400.000 euros para as entidades representativas do sector e 10 millóns das axudas do Fempa polas paradas temporais. Ademais de outros 4,2 millóns de euros para accións de rexeneración de urxencia de bancos danados e investigación, de mediados de este ano ao final de 2025 mobilizarase o groso de recursos previsto, un total de 104,2 millóns de euros, para medidas que devolvan a produtividade ao sector.

Logo cofinanciado