Villaverde mantén un encontro de traballo co eurodiputado Millán Mon para abordar as prioridades da pesca galega dende unha perspectiva europea

19 de Outubro de 2025

Ambos manifestaron a súa preocupación pola proposta para o Marco Financeiro Plurianual 2028-2034

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta semana un encontro de traballo a interese do eurodiputado galego, Francisco Millán Mon, para continuar levando a Bruxelas as demandas do sector que está liderando Galicia a través deste departamento autonómico.

Na reunión de traballo, abordaron a proposta da Comisión Europea para o futuro Marco Financeiro Plurianual 2028-2034. Ambos manifestaron a súa preocupación pola redución da financiación para pesca e polo cambio na arquitectura do Marco, que suporía a desaparición do actual Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (Fempa). Tamén comentaron o recente ditame do Consello Galego de Pesca sobre esta cuestión.

Villaverde e Millán Mon trataron, ademais, outros asuntos de interese tales como a necesidade de excluír o palangre do veto á pesca de fondo nas 87 áreas do Atlántico nororiental ou as negociacións dos acordos de libre comercio que a Comisión Europea está levando a cabo con países do sueste asiático, polo seu eventual impacto na cadea mar-industria galega, en especial, na industria conserveira.

Logo cofinanciado