A Xunta favorece a posta en valor do legado mariñeiro de Burela co financiamento do Molde Faro

24 de Outubro de 2025

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participou este venres na inauguración do Molde do Faro e posta en valor do proxecto Burela Alumea, promovido pola Consellería do Mar, a través do Galp A Mariña-Ortegal, e cofinanciado co Fondo Europeo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Fempa).

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a memoria mariñeira e a identidade colectiva desta vila, cunha forte vinculación á actividade marítimo-pesqueira. Esta estrutura metálica sitúase no paseo da Marosa, converténdose así nun elemento simbólico desta localidade logo da intervención do artista David Catá. Titulada A Pel do Mar constitúe un escaparate da tradición mariñeira e de participación social. Na súa elaboración tamén participaron colectivos moi vinculados á actividade e ao patrimonio mariñeiro, como son as redeiras Cabo Verde ou as asociacións Encaixeiras e A Moncloa.

Logo cofinanciado