A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, presidiu este mércores un encontro de traballo co persoal de xerencia dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp)
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, presidiu este mércores un encontro de traballo co persoal de xerencia dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) para abordar o funcionamento da orde de axudas autonómica, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), que foi publicada o pasado 21 de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que está dotada con 14,6 millóns de euros. Unha convocatoria que simplifica o acceso ás entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar, asociacións de profesionais do sector e outras vinculadas á actividade pesqueira, a estes apoios mediante a exención de garantías na realización de pagos a conta medida é pioneira, xa que é a primeira vez que introduce nesta orde.
Esta liña de subvencións, distribuída en tres anualidades ata o 2027, recolle entre os seus obxectivos o afondar na mellora das condicións de traballo, na creación de emprego, no reforzo da innovación no conxunto da cadea de produción e subministración de produtos da pesca e a acuicultura, no fomento da economía azul ou o aproveitamento do patrimonio cultural e medioambiental. No 2024 foron aprobados un total de 133 proxectos ao abeiro destas axudas, 54 (40,60%) foron de actividade económica e 79 (59,6%), accións sen ánimo de lucro que permitiron a creación de emprego é de 120 empregos a tempo completo. Iniciativas que contaron cun apoios autonómicos que alcanzaron os 11,7 millóns de euros e supuxeron un investimento privado de 9,2 millóns de euros máis, recursos que permitiron promover un impulso económico e social significativo nas comunidades costeiras.