Primer encuentro del año con las federaciones de cofradías
-
Este mes fueron publicadas dos órdenes de ayudas para la mejora de la gestión y conservación de los bancos marisqueros que ascienden a 2,2 M€
-
O responsable autonómico abordou cos máximos representantes do sector a situación do libre marisqueo da ría de Arousa cuxa campaña se manterá aberta atendendo a criterios socioeconómicos
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo hoxe un novo encontro con representantes das Federacións de Confrarías de Pescadores no que avaliou o desenvolvemento realizado ata agora do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia así como para analizar a situación actual e estudar posibles novas necesidades do sector que poidan ser susceptibles de ser atendidas ao longo deste ano.
Na xuntanza, o responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia Sánchez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, destacou a mobilización de 70 millóns de euros por parte do Goberno galego en apoios ao sector marisqueiro. Fondos que foron distribuídos a través de diferentes liñas de axuda dirixidas ás confrarías, as súas federacións, organizacións de produtores e outras entidades asociativas. Estes recursos permitiron a realización de diversas accións encamiñadas a reforzar a actividade extractiva así como actuacións destinadas a mellorar as zonas produtivas e a implementación de medidas de conservación dos recursos mariños.
Nesta liña, puxo en valor a publicación durante este mes de dúas ordes de axudas para a mellora e xestión dos bancos marisqueiros que ascenden a 2,2 millóns de euros. Uns apoios que se suman á publicación no día de hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG) da concesión de apoios a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables por valor de 1,2 millóns de euros.
O titular de Mar tamén abordou cos máximos representantes das confrarías a situación do libre marisqueo na ría de Arousa que, atendendo a criterios socioeconómicos, mantén aberta a campaña na que están participando na actualidade un total de 225 embarcacións e 262 tripulantes. Así, a frota que está desenvolvendo a actividade extractiva en outras zonas ascende a 111, outros 90 en Bohído operando os restantes en Cabío.